martes, 6 de mayo de 2014

Excursión á Coruña por Pablo Guerrica.




Eu paseino moi ben na excursión!
No autobús esqueceúseme o Ipod na mochila que estaba abaixo, no maleteiro; pero escoitei música con Carlos.
Cando chegamos fomos ao Acuario e alí vin: un tiburón toro chamado Gastón, moitos rodaballos, melgachos, un rape e moitas cousas máis… Despois saímos fóra e vimos as focas.
Logo fomos á Casa das Ciencias e vimos un planetario no que puxeron unha historia sobre un vampiro e a continuación estivemos nas actividades, eran xeniais!
De seguido fomos ao Domus a comer. Eu comín: un pincho de tortilla e un filete empanado. Alí vimos unha disección dun corazón! Era un pouco noxo! Despois xoguei nunha portería á que tiña que darlle o máis forte posible para saber a miña velocidade en km/h. E conseguín 74 km/h!
Finalmente merendamos, volvimos no autobús e chegamos á Pobra.
O único que non me gustou foi que na Domus había unha actividade que non funcionaba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario